jueves, 12 de noviembre de 2009

NACECHE...

Naceche pa ser aire,
pa ser vento
pa ser fror solitaria dos campos
que acarician en silenzo
as maus da soedade.
Naciche pa ser unha imaxen nova
que brila cal herba fresca
ao sol da mañá
en medio dos vals solitarios.
Naceche pa ser fogo
que todo o queima 
Naciche pa ser como unha revolución
en medio dunha nación
corrompida e desfeita.
Naceche pa ser iauga viva
pa ser fonte.
Naceche pa ser lus
sobre a terra,
como unha crara aurora
de primaveira 
Naciche pra ser imaxinación 
no medio dos barrios
enmohecidos e as calles estreitas
Naciche pa ser rebeldía 
i espranza
en medio do fume monótono
dunha discoteca.
Naciche pa ser raio de sol 
espiga do trigal,
idea nova
que xermina,
como a levadura do pan,
en medio do mundo.
Pa todo iso naceche
pequeno grao de area:
María, esa moza,
despreocupada e alegre.
Manolo o albañil,
Xoan o labrego
Pepe o panadeiro.
Sebastián o chófer
e Antonio o carpinteiro.
E ti ocioso
e despreocupado vividor
non olvides tamén esto
ao teu paso sobre a terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario